Blogia

FOLCKLORE GALEGO

XACARANDAINA

XACARANDAINA

Formouse en outubro de 1978 na cidade da Coruña con membros de distintas agrupacións. O obxectivo principal e fundamental do Grupo de Bailes e Música Tradicionais Xacarandaina é a investigación do folclore de Galicia, procurando non desvirtuarlo en ningún dos seus detalles. Para isto, o Grupo desprázase polas distintas aldeas e poboacións do país, facendo un importantísimo labor de campo, recuperando así músicas, bailes, danzas, cancións, instrumentos e traxes autóctonos. Froito deste labor o Grupo ten recollidos e montados arredor de 150 bailes e outras tantas pezas de música.

No momento da súa formación o Grupo estaba composto por trinta persoas e dirixíano Rosi Ares e Lino Rivas. Na actualidade o Grupo está composto aproximadamente por uns 70 compoñentes, de idades comprendidas entre 18 e 30 anos, na súa maioria estrudiantes procedentes da escola de Xacarandaina, ben directamente das clases que se imparten na propia Asociación ou ben das clases que imparten os compoñentes do grupo noutros centros, ensinando a bailar a máis de catro mil persoas.



O Director do Grupo de Bailes Tradicionais Xacarandaina é, dende novembro de 1.982, D. Henrique Peón Mosteiro.

# Divídese o Grupo en tres seccións: Grupo de Baile, Gaiteiros e Pandereteiras; sendo, estas últimas, o primeiro grupo destas características creado en Galicia. A meirande parte das súas actuacións teñen sido en festas populares por toda a xeografía galega, contribuindo desde xeito a promocionar o folclore galego no seu lar, sen esquecer as numerosas actuacións en concursos e festivais a nivel nacional e internacional. Preme aqui para ver os COMPOÑENTES do Grupo de Música e Baile Tradicional
Nestes intres, o grupo ten repertorio suficiente como para facer varios espectáculos de tres horas seguidas, con baile e música tradicional de case toda Galicia, e con gran riqueza e diversidade de vestiario. En 1990 gravouse un disco con temas recollidos polo Grupo e colaborouse en dous discos de folclore internacional, grabados en Francia.


Debemos destacar tamén que non só o Grupo de Bailes Tradicionais Xacarandaina destaca nesta faceta, senón que tanto o Grupo de Cantareiras-Pandereteiras coma o Grupo de Gaiteiros levan recollido un bo número de galardóns independentemente do grupo de baile. Non hai que esquecer que en 1.981 Xacarandaina creou o primeiro grupo de pandereteiras do noso país e que neste mesmo ano naceu o Grupo de Gaitas co mesmo fin de colaborar na recuperación do folclore dentro do eido musical. O grupo de pandereteiros naceu no 1999 co fin de cubrir un baleiro musical no grupo, xa que non son poucos os lugares de Galicia onde eran os homes os que interpretaban sós, a capela ou con acompañamento, melodías de traballo, de festa, de cerimonia ou cantos de taberna.

Os tres grupos fan unha dobre laboura: de acompañamento ao Grupo de Baile e de recollida e coidado da nosa música por outra banda. Todos estes músicos funcionan tamén independentemente facendo espectáculos de Música Tradicional por todo o país.

CANTIGAS E AGARIMOS

CANTIGAS E AGARIMOS

Cantigas e Agarimos fundouse en Santiago de Compostela no ano 1921 por iniciativa de Bernardo del Río Parada, Salvador Cabeza de León, Henrique S. Guerra e C. Díaz Baliño, sendo, polo tanto, unha das catro agrupacións históricas do folclore galego, que xurdiron da necesidade da expresión do que se ten en chamar "nacionalismo popular".

Dende entón Cantigas e Agarimos, vén traballando arreo na recuperación, conservación e transmisión dalgunhas das formas máis entrañables da nosa cultura tradicional, como son a cantiga, a música, o baile e os traxes populares; colaborando deste xeito, á consolidación da identidade cultural de Galicia, de acordo coas palabras de Vicente Risco: "O pobo ten unha cultura antiga que por selo ten valores que a fan digna de ser conservada".

A través das súas seccións: coral, gaiteiros, grupo de baile e pandereteiras (e antigamente grupo teatral), Cantigas e Agarimos non deixou nunca de ocupar postos privilexiados nos eidos do folclore. Así o acreditan os numerosos premios acadados ao longo da súa traxectoria e as referencias dos historiadores da nosa cultura.

Hoxe, cando estamos comezando un século, o grupo de baile de Cantigas e Agarimos, busca achegar ao publico toda a bagaxe das tradicións que configuran o sentir do noso pobo, articulando un espectáculo de calidade, en que máis de corenta persoas, entre bailadores e músicos, tentan trasladar no tempo ao espectador, levándoo nunha viaxe imaxinaria polas nosas raizames.

Ademais dedica un importante traballo á promoción do baile e da música popular entre os rapaces, por medio da Escola da Muiñeira, Gaita e Pandeireta, Concurso de Baile e Música, Día da Muiñeira, publicación da revista Algalia...

Para máis información podes consultar os seguintes artigos publicados na revista Algalia:

- "Aires da Terra, alí comezou todo", Xabier Calvo García, Revista Algalia, 1.999.

- "A casa de todos nós", Xosé A. Neira Cruz. Revista Algalia, 1.999.

- "80 Aniversario de Cantigas e Agarimos", Ana Rodríguez. Revista Algalia, 2.001.

Principais actuacións

1921: Ano da súa creación e presentación no Teatro Principal de Santiago.

1949: Participa no “Certame Rexional de Coros Galegos” en Lugo.

1960: Participa no “II festival Luxo-Galaico”, en Viana do Castelo.

1961: Representación de Os vellos non deben namorarse, de Castelao.

1967: Representación de O Fidalgo, de Xesús Sanluis Romero e As bágoas do demo, de Ramón de Valenzuela.

1971: Participación no “Festival Internacional de Matosinhos”, en Porto.

1973: Viaxe a Arxentina, con actuacións en Buenos Aires e Montevideo.

1977: Participación no “Festival de Lorient – Bretaña” (Francia).

1985: Representa a Galicia en “Europalia – 85” (Bruxelas, Bélxica).

1987: Actuación no encontro “Sitges i les comunitats autónomes, 87” (Barcelona) e no “Festival de la Seguidilla”, en Ciudad Real.
Organiza o “I Concurso de Baile e Música Tradicional”.

1988: Actuacións en Barcelona e Londres.

1992: Actuación en Sevilla dentro das actividades da EXPO’92.
Actúa diante das Autoridades Españolas e Europeas participantes na “Asamblea de las Regiones de Europa”(A.R.E.), celebrada en Santiago de Compostela.

1993: Actuación para as autoridades que representan ás comunidades Autónomas de España con motivo do Xacobeo’93.

1994: Actuación en “A Gran Gala da Pel” da T.V.G.

1995: Actuación no “Festival Intercéltico de Moaña”.
Actuación na T.V.G. nun programa especial co gallo da Capitalidade Cultural Europea de Santiago de Compostela.
Participa na “Homenaxe ao Gaiteiro” celebrada en Vigo.

1996: Festival conmemorativo do LXXV Aniversario da Agrupación, no Pazo de Congresos e Exposición de Santiago.
Participación no “V Premio Iar de Folclore Galego”, celebrado no Teatro Rosalía de Castro da Coruña.

1997: Viaxe a Andorra e Alemaña.
Participa no "Festival Internacional de Folclore de Pamplona".
Actuación no festival conmemorativo do "XXV Aniversario do Hospital Xeral de Galicia".
O grupo de pandereteiras participa no "Festival Illa Terceira", celebrado nas Azores. Tamén no "Festival Cabuérniga, Musica de los Pueblos del Norte", Ruente (Cantabria).

1998: Participación no "Festival Intercéltico de Lorient-Bretaña" (Francia).

1999: Xira artística realizada dende o 17 ao 27 de maio en Wakallama (Xapón), dentro dos intercambios culturais Galicia-Wakallama; Camiño de Santiago- Camiño Kumano.
Actuación no festival folclórico de Villarrobledo (Albacete).
Viaxe a EEUU co gallo de participar nos actos conmemorativos da semana da hispanidade, destacando a actuación na Biblioteca do congreso dos EEUU, en Washington.

2000: Participación no festival "Andanças 2000" en San Pedro do Sul (Portugal).
Participación na II Mostra de Corais Galegas "GALICIA CANTAT" organizado polo IGAEM.

2001: Participación no 36 FESTIVAL DE VILLANCICOS organizado por CAIXANOVA.
Participación na III Mostra de Corais Galegas "GALICIA CANTAT" organizado polo IGAEM.
Festival conmemorativo do LXXX Aniversario da Agrupación, no Teatro Principal de Santiago de Compostela.

2002: Participación no II Concurso de Baile Tradicional Galego Azaloira como grupo invitado gañador da edición 2.001.
Participación no "XXII Festival Internacional de Folclore da Cidade de O Porto", en Portugal entre o 24 e o 28 de xullo.

2003: Participación na semana de Galicia nos centros de “El Corte Inglés” de Cornellá e Barcelona, Cataluña.
Participación no Festival Folclórico de Sestao, organizado polo colexio “La Salle” en Bilbao.


Colaboracións



1986: Colabora co grupo Milladoiro no seu traballo Galicia no país das marabillas.

1996: Participa no traballo Navicularia do grupo Berrogüetto. (Podes escoitar algún fragmento na sección ARQUIVO)

Tamén participou na rodaxe de varias películas: a primeira versión de La Casa de la Troya, El bosque animado, entre outras, e en documentais e reportaxes para canles de televisión europeos e latinoamericanos.
Principais Galardóns

1949: 1º Premio no "Certame Rexional de Coros Galegos". Lugo.

1971: Recibe a Medalla de Prata da cidade de Santiago de Compostela e Garabata da Orden de Compostela.

Con motivo das Vodas de Ouro da súa fundación, "CANTIGAS E AGARIMOS" é nomeada "Socio de Honra" do Padroado "Rosalía de Castro".

1976: 2º Premio Internacional do "XII Festival de la Canción de Primavera".

1977: 1º Premio na modalidade típico-popular no "Certame da Canción Coral Galega".

1985: 1º Premio no Concurso "Gente Joven" de T.V.E.

1987: Medalla de Ouro no encontro "Sitges i les comunitats autónomes ´87" dedicado ese ano a Galicia.

1992: 1º Premio no "Festival Internacional de Danza" celebrado en Pineda de Mar (Barcelona).

1993: Premio de interpretación no "Concurso de Panxoliñas no Camiño Xacobeo ´93".

2000: Premio "Luar a Agrupacións Folclóricas"

2000: IX edición "Premio Iar ao Folclore Galego"

2001: 1º Premio no I Concurso de Baile Tradicional Galego "AZALOIRA" de Bandeira (Pontevedra) e Accesits ao Mellor Vestiario e á Mellor Parella de Baile.

Entre 1971 e 1988 conseguiu nas "Xornadas do Folclore Galego", tres medallas de ouro, cinco de prata e cinco de bronce.

LEILÍA

LEILÍA

Baixo a palabra patrimonial Leilía, antigo nome que recibían unhas determinadas coplas populares, nace no verán do 89 unha formación de mulleres, que aposta dun xeito pioneiro e atrevido pola recuperación das vellas raíces, buscando a autenticidade co fin de achegala ós nosos días.
Leilía abre un camiño propio ó publicar a mediados dos 90 o primeiro traballo discográfico chamado “Leilía” (Dismedic) composto exclusivamente por cantos tradicionais. Nesta mostra etnográfica as melodías evocan un tempo pasado que, aínda que agonizante, se resiste a esvaecerse.
Co paso do tempo a idea de achegar pasado e presente levounos a provocar un xiro na nosa traxectoria. Para Leilía a evolución foi todo un reto, mais o feito viuse consolidado cando nos decatamos, como moi ben dixo Suso de Toro, que sendo fillas desta terra, tamén o somos deste tempo. Así, no ano 98 Leilía concibe “I é verdade i é mentira” (Virgin Records), onde destaca a producción musical de Nando Casal e Antón Seoane, membros de Milladoiro. Aquí, o respecto pola tradición é a nosa “verdade” e as novas incorporacións: polifonías, instrumentos, ... son as pequenas “mentiras” que axudan ó noso cometido.
Con este novo paso foron moitas as persoas que se achegaron a un mundo que antes descoñecían, dando así vida ó pasado a través do presente. Este feito é o que nos dá enerxía para seguir polo noso camiño.
Neste momento estamos involucradas nun novo proxecto titulado: MADAMA.
A aposta actual pasa por crear letras adaptadas ás melodías tradicionais, que falen dos nosos tempos, das nosas vidas, ... De novo é unha aposta pioneira e atrevida, xa que non se estanca, senón que evoluciona somerxéndonos en novos campos, nos que nos resultaría difícil adentrarnos se non fora polas mans amigas, que están sempre dispostas a axudarnos. Así, contamos entre os nosos colaboradores con:
Suso de Toro, que adorna coa súa regalía de palabras as nosas melodías.
Este destacado escritor, confesounos que cando nos escoitara por primeira vez descubrira en nós ás “Voces Segredas” do “Canto Galego”...
Xesús Carballido, que coas súas prestixiosas obras dá carácter e peso á portada e ó libreto do disco .. Deste grande artista hónranos dicir, que dende o principio nos alentou a seguir no noso camiño, vendo antes que ninguén o que a nosa labor de recuperación e difusión suporía para a cultura de raíz ...

Vari Caramés, que imprime maxia a quen está diante do seu obxectivo, conseguindo unhas fotos que son imaxe real do que somos ...
Xoán Porto, que foi o responsable da producción musical deste disco. Deste excelente músico, estamos orgullosas de dicir que é sen lugar a dúbida, por todo o que leva feito por este traballo, un membro máis de Leilía.
Eric Liorzou que tamén traballou na producción musical deste disco e a quen coñecemos dende o ano 93, a raíz dunha xira internacional co espectáculo “Hent Sant Jakez” no que participamos entre outros Leilía e “Bleizi Ruz” (un dos grupos con máis renome do panorama artístico bretón, e do que é compoñente desde a súa orixe).

A conxunción de amizades, ilusións, ganas e bo facer, dan como resultado un traballo “MADAMA”, que de seguro non vai deixar indiferente ó panorama musical galego.
Este traballo recolle a esencia de Leilía, acadar que as persoas de hoxe en día rían, canten, bailen e se emocionen co legado que os nosos maiores tiveron a ben de amosarnos.
Con este disco buscamos que a tradición oral galega teña unha merecida proxección de futuro.

En son de festa

Cinco horas non é moito para recrear todo un mundo de tradicións vencelladas á festa, pero pode ser un bo comezo. A música de Leílía e de Treixadura, os monicreques de Tanxarina e os contos de Quico Cadaval unen as súas forzas nun proxecto que quere achegar ás cidades e ás vilas galegas unha proposta de festa diferente, un espectáculo no que as diferentes variedade da nosa música tradicional actúan coma eixe e se mesturan con outras manifestacións artísticas.
Cae a tarde. Un pasarrúas de gaiteiros percorre a vila. Na praza, un grupo de danza tradicional bótalle unhas pezas. De alí a unha hora comeza nun escenario achegado a actuación dos monicreques de Tanxarina. En caendo a noite Quico Cadaval presenta no escenario principal o Orfeón Treixadura, que amosa o xeito tradicional de canto masculino. De novo sube Cadaval ao escenario, desta volta para contar algunhas das súas historias e ségueno as cantareiras de Leilía, que presentan os temas do seu último disco, “Madama”. Máis contos de Quico para o descanso, e soben ao palco os gaiteiros de Treixadura, que presentan tamén o seu último traballo, “Unha noite non é nada”. No remate do concerto todos os músicos participantes coinciden no escenario e mesturan os seus sons. Semella o programa dunha festa coma tantas que se organizan nas vilas do país, e na que a química entre as formacións participantes permite que colaboren sobre o escenario. Sen embargo, trátase dunha descrición de “Son de Aquí”, un completo espectáculo que os membros de Leilía e de Treixadura botan a andar este ano e que está dispoñibel para quen o queira contratar.

A orixe da festa
“Un pouco ocorréusenos polo que che van pedindo cando ofreces o grupo nos concellos”, sinala Felisa Segade, de Leilía. “buscabamos xeito de aglutinar varias partes das nosas manifestacións musicais, e un día falando con Treixadura saíu isto”. O feito de que a converxencia se dese con este grupo de gaiteiros non é casual xa que as dúas formacións coincidían a miúdo en concertos e actos culturais polo país adiante. O producto é un completo programa de actos artellados arredor da nosa tradición musical que cubren cinco horas de actividades e están pensados para ocupar unha tarde-noite de calquera vila do país.

Para todos os públicos
“O que pretendemos tamén é que Son de aquí abarque todos os públicos”, apunta Felisa. “Non queremos que sexa unha tarde programada para certo tipo de idade”. Pensando como completar o espectáculo, contactouse con Títeres Tanxarina, que achega unha actuación dirixida aos máis pequenos, e no mesmo sentido, recorreuse a un contacontos tan coñecido como é Quico Cadaval. O Orfeón Treixadura, creado polo grupo homónimo con ocasión do seu último disco, aproveitouse para dar unha maior variedade ao evento. “A música tradicional pura éntralle mellor á xente maior, a danza é para calquera idade de público, ao igual que o de Quico Cadaval”, sinala Felisa. Ademais, “Son de aquí” será diferente en cada lugar no que se represente. O pasarrúas e a danza tradicional que inician o espectáculo quedarán a cargo dos grupos locais que se dedican a estes campos en cada localidade.

Máis e máis barato
Ao final até cincuenta persoas se xuntan nos escenarios do espectáculo. “O que se necesita a nivel de infraestructura é un escenario amplo porque Treixadura e Leilía actúan no mesmo” sinala Felisa. Aínda que iso podería botar para atrás aos concellos a hora de contratar o espectáculo, xa que o escenario corre por conta do cliente, os organizadores téñeno claro: “Se vas collendo os grupos por separado sae máis caro que se os colles en conxunto, e ademais todo o mundo arrima o ombreiro. O caché dos grupos é inferior ao habitual, pareceunos un proxecto interesante e colaboramos todo o que podemos”, lembran desde Leilía. Deste xeito, contar co espectáculo completo quédalle aos interesados nuns doce mil euros. Ademais, os grupos achegan tamén todo o material de iluminación e de son e pódese negociar a duración final dos números por se semella longa de máis.

Estrea e futuro
O oito de maio en Sigüeiro celebrarase o primeiro “Son de Aquí”. O proxecto continúa a darse a coñecer por concellos e diferentes institucións coa intención de levar esta festa por todo o país ao longo do verán. Dependendo de como saia, os grupos que o puxeron en marcha non descartan repetir ou mesmo ampliar a experiencia con máis actividades para vindeiras temporadas. “Hai que ir coas cousas paso a paso, a ver como sae isto e despois unhas cousas levan a outras”, apunta cautamente Felisa. De calquera xeito, queda cando menos a iniciativa pioneira destes músicos ao crear e xestionar pola súa conta e risco un espectáculo global sen depender de programacións oficiais.

MERCEDES PEÓN

MERCEDES PEÓN

Mercedes Peón, é hoxe por hoxe unha das artistas de maior proxección dentro do chamado fenómeno de músicas do mundo. unha proba disto son os exitos acadados co seu primeiro traballo discográfico isué , co que se fixo merecedora, entre outras, das seguintes distincións:

· Mellor disco de europa 2000 polas listas folkworld
· Unha das mellores artistas neste apartado pola Bbc
· Top dez en Songline
· Artista revelacion pola TVG

O seu bo facer nos escenarios quedou patente en festivais de todo o mundo; festivais da talla do Dranouter E Sfink En Bélxica, Lorient E Les Suds En Francia, Sete Sois E Sete Luas E Intercéltico De Oporto En Portugal, Groban En Eslovenia, Celtic, La Mar De Músicas, Etc. todos eles loaron enormemente a Mercedes Peón pola súa entrega ó publico e polo seu impactante directo, pleno de forza e enerxía, e de feito, mesmo foi invitada repetidas veces nalgúns destes eventos.
Agora Mercedes Peon preséntanos o seu novo traballo discográfico, Ajrú , título que dá sentido ó berro de ledicia de festa que as xentes de Galicia expresan nos seus momentos de maior intensidade .

Ajrú é un espectáculo pleno de dinamismo, de ritmos frenéticos mesturados con melodías verdadeiramente intimistas, de cantidade de instrumentos que fusionan os seus timbres mantendo por mastro o máis tradicional que vaga nos sons máis vangardistas. e todo isto, levado por unha voz que representa a verdadeira forza do noso son, a de Mercedes Peón.
Ajrú é un gran espectáculo que chega a todos os públicos como o amosan os teatros cheos e un público entregado dende o primeiro momento, bailando e coreando as melodías. sen d úbida dará que falar.

PRINCIPAIS GRUPOS DO FOLCKLORE GALEGO

PRINCIPAIS GRUPOS DO FOLCKLORE GALEGO

Neste artigo falaremos dos principais grupos galegos de onte e de hoxe, ademáis de facer un percorrido pola súa historia.
Empezaremos falando por un rapaz galego que leva por todo o mundo a nosa cultura a través da súa gaita e da súa música. Anque é un artista galego relativamente novo, xa ten consagrados varios discos no mercado; non falamos doutro senón de Carlos NúñezAquí podedes ver a súa traxectoria.
Mercedes Peón sempre estivo integrada e implicada dentro do noso folcklore. Ensaiaba a diversos grupos da xeografía galega e era unha auténtica difusora da nosa cultura. Agora é xa unha artista en solitario que triunfa en diversos lugares do mundo. Aínda que nos últimos anos o seu estilo cambiou bastante segue a promover as nosas tradicións.Aquí móstrase esa transformación e a súa carreira actual
Agora falaremos do grupo de cantareiras máis importante e famoso de toda Galicia, sen dúbida son as mellores: Leilía. Nacen no ano 89 e dende entón non paran de cantar e pregonar as nosas tradicións.Teñen xa tres dicos publicados, o último recentemente saído á venda denomínase Madama, e é unha culminación de varios anos sen publicar nada. Son unha ponte entre o noso pasado e o noso futuro ademáis de estar implicadas nos acontecementos que ocorren na Galiza e que nos acometen a todos, como foi o caso do Prestige.Aquí tedes a súa páxina web, decirvos que é realmente interesante.www.leilia.net
Á hora de falar dos grupos do folcklore galego é difícil porque hai moitos e con moita variedade pero mencionaremos tres en especial: Cantigas e Agarimos, Brincadeira e Xacarandaina.

CARLOS NÚÑEZ

CARLOS NÚÑEZ

Carlos é o gaiteiro galego máis universal de tódolos tempos:había moitos, moitos anos que ningún gaiteiro solista acadaba esta sona e popularidade en Galicia,si é que alguén a acadou, e certamente nunca tanta fora.
Carlos conseguiu dende moi noviño o que ningún galego ata el, ser considerado entre os primeiros gaiteiros do mundo, algo ata entón reservado a escoceses, irlandeses ou bretóns.
Tamén é salientable e infrecuente que ó mesmo nivel de execución quea gaita, toca todo tipo de frautas, whistles, ocarinas,...
De feiro estudiou a carreira de frauta de pico no Conservatorio de Madrid e acadou as máximas calificacións posibles:Matrícula de Honra e Premio Extraordinario de Fin de Carreira.
Pero Carlos é moito máis ca un excepcional intérprete, é un investigador, pioneiro, productor,comunicador carismático, embaixador cultural,e aínda que raramente poila súa enorme autoesixencia, compositor... en definitiva un artista excepcional.
Ós seus trinta anos e con toda a súa carreira por diante, o vigués leva moito camiño andado, dende que ós 8 anos decidiu tocar a gaita contra o que daquela se aconsellaba ós nenos, ou dende que ós doce fose invitado como solista da Orquesta Sinfónica de Lorient a interpretar unha composición do irlandés Shaun Davey, que case 20 anos máis tarde comporía novas partes para esa mesma obra especialmente para Carlos.
En 1989 gravou por primeira vez co mítico grupo irlandés The Chieftains para a banda sonora da Illa do Tesouro con Charlton Heston e Oliver Reed, ¡nunca agaita galega sonara a traves dun altofalante tal! Dende entón Carlos gravou diversas veces cos irlandeses, tanto para os seus propios discos como para os deles e para o seu gran éxito The Long Black Veil e sobre todo "Santiago", adicado a Galicia e gañador dun Grammy, o único de agora para a música galega.
Por este disco converteuse no "Séptimo Chieftein", e acompañou ós mestres por todo o mundo dandfo centos de concertos con eles.
Isto permitiulle sentirse como na casa en esceas míticas como a do Carnegie Hall de Nova Iorque ou o Albert Hall de Londres, ou participar en acontecementos como "The Great Music Experience", televisado a todo o mundo dende Xapón, con Bob Dylan,Joni Mitchell, Bon Jovi, INXS e organizado pola UNESCO, etc.
Resultado destas experincias foi o seu primeiro disco, "A Irmandade das Estrelas", editado no 96. Foi disco de Platino en España, un feito na música galega só mellorado por Carlos nos seus seguintes discos.
Este éxito creou un verdadeiro boom e conseguiu unha atención para a música galega que esta xamáis tivera. Por vez primeira tamén,introduciu aá daquela ensimismada música tradicional galega a moitos artistas que craron versións de pezas que agora se consideran como as clásicas.
Foi tamén á volta a canción en galego, asoballada polo instrumental naqueles anos: lembremos o "Negra Sombra" de Luz e Ry Cooder, a descoñecida "Lela" con Dulce Pontes...
O disco, co-producido por Carlos, Ry Cooder e Paddy Moloner, asomou unha visión moito máis aberta da que se tiña da música galega, prestando especial atención a conexións musicais históricas da música galega descubertas en grande medida gracias ás viaxes, como a da música latina chegada de América gracias á emigración, a medieval europea recibida polo camiño de santiago e os sons orientais que chegaban do sur.

O segundo disco, Os Amores Libres, vai por un camiño máis orixinal, rigoroso e de calidade extrema, que o convirte en histórico dende a súa saída malia as incomprensións dos máis pechados que logo as asimilarían e a esquecerían. Foi ademáis un novo éxito de ventas, entrou inmediatamente o número 3 das listas españolas e foi ouro nunha semana acadando a día de hoxe 250.000 copias vendidas só en España dende a súa publicación en abril do 99.

Estre complexo e arriscado traballo, gravado en 2 anos e 10 países diferentes explora as conexións entre a música galega enmarcada na música celta e as músicas orientais partindo do flamenco, demostrando que este curruncho atlántico ten moito máis de mediterránea, e que anosa parte máis arcaica pode por iso resultar moderna.
O seu terceiro disco abre unha vez máis un novo camiñio, "Maio Longo", editado en Xullo do 2000. foi ouro nese mes e superou no Platino coma nos anteriores e gracias ás inclusión de cancións atravidamente pop, foi número 1 en tódalas radiofórmulas, feirto sen precedentes na carreira de Carlos e na raíz da música galega.
Carlos animouse por vez primeira a publicar unha das súas composicións, cecais animado pola letra que para ela escribiu o exSupertramp Roger Hodgson.
Unha vez máis confiou Carlos nunha grande vocalista portuguesa, neste caso moi noviña, Anabela, formada no fado portugués gtradicion al pero aberta a outros estilos.
Cobran especial relevancia neste disco dous excepcionais multiinstrumentistas da banda de Carlos, o veterán Pancho Álvarez e o seu irmán Xurxo Núñez.
Bótanlle unha man os seus inseparables amigos irlandeses, o productor francés de avangarda, Hector Zazou, nas partes máis tecnolóxicas e instrumentais, que tamén nas hai nesta disco.

Recentemente Carlos presentou a súa primeira antoloxía nomeada "Todos os Mundos". El mesmo fixo a selección dos temas entre os seus tres discos así como as moitas colabouras que lea feitas para outros amigos artistas e que polo tanto estaban dispersas e aparecen xuntas por vez primeira.
O seu grupo de directo inclúe voces, guitarra, boutzouki, violín. baixo, acordeón, batería e percusión, ademáis de invitados como bailarines,pandereteiras ou bandas de gaitas en ocasións espoeciais.
A Carlos Núñez banda non só arrasa na casa, senón en medio mundo sendo con diferencia o grupo galego máis solicitado para tocar internacionalmente, non en van rebasaron a abraiante cifra de 150 concertos en 1997, presentando o seu primeiro disco e non baixaron de cifra dende entón.
Teñen certamente a calidade esixida polo público dos máis importantes teatros do mundo, pero tamén fan tolear de ledicia a moitedumes como probaron no Womad ante 80.000 persoas ou en Roma ante 2.ooo.ooo convocados polo Papa no 2000.
Carlos obtivo todo tipo de premios e nominacións das cales podemos suliñar, o premio Ondas como mellor artista en dirtecto, dúas nominacións ós Grammys Latinos, Premio Sabetia-Ter, Premio da Crítica de Galicia, de La voz de Galicia, de El Correo Gallego, dos Xornalistas Vgalegos en Madrid, Vieira de Plata, etc.

AS CANTAREIRAS

AS CANTAREIRAS

Neste primeiro artigo gustariame falar da formación dos grupos de cantareiras actuais, que nacen a partires das recollidas e dos seráns que se fan ó longo do ano e nos que a xente maior canta e baila e enseña ós máis novos as nosas tradicións.
Este tipo de grupos utilizan instrumentos ben variados: poderemos falar da típica pandeireta, das cunchas, da botella de anís, da lata de pimentón, das culleres, da tixola, das tarrañolas, das añas...
A pandeireta é un instrumento moi versátil xa que nos permite tocar e cantar todo tipo de cancións. É un instrumento de percusión, circular que consta dun aro de madeira e dunha tapa de pel que ben pode ser de coello ou doutro animal; ademáis na parte de madeira consta dunhas ferreñas de metal que son as que lle dan ese son tan galego. Para tocala cóllese coa man dereita e móvese a muñeca tocando a pandeireta coa man esquerda.
As cunchas son instrumentos utilizados para cancións moi específicas e utilízanse máis nas zonas mariñeiras. Non é un instrumento caro xa que son as cunchas das vieiras; teñen un son bastante agudo e tócanse rascando unha coa outra e dándolle ritmo.
A botella de anís tócase co pao dunha culler e conta cun son moi agudo. A posición correcta sería coller a botella no berce e estirar o brazo esquerdo e con el a botella; coa man dereita coller a culler polo pao e rascar na botella de forma que soe a muiñeira, a xota,...
A lata de pimentón é un instrumento típico do campo e das zonas do interior. Para que soe é necesario que a persoa está sentada nunha cadeira e coa lata sobre as pernas en posición vertical; logo simplemente tocar o que se desexe na parte dianteira da lata como se fose un pandeiro. O son é moito máis grave e obviamente soa a lata, pero acompañada dunhas pandeiretas luce moito.
A tixola tamén é un instrumento de son grave; consta dunha tixola antiga de ferro e dunha chave tamén de ferro bastante grande. Para tocala ponse a tixola bocabaixo e cóllese onde se xunta o mango coa tixola, para que soe cóllese a chave na man dereita e pétase no mango da tixola.
As tarrañolas son un instrumento de percusión de madeira; teñen un tamaño duns 10-15 centímentros aproximadamente, son moi estreitas e finas, cóllense coa man dereita e fanse soar facendo un movemento na man como se lle quixésemos dicir adeus a alguén.
As añas ( ou sacho) son un instrumento típico do campo pois era onde se utilizaba es te tipo de ferramenta. Colócase de pé coa cuña bocaarriba e tócase cunha pedra pequena. Este instrumento chega as nosas mans gracias os labregos do campo que fai moitos anos facían competicións para ver quen chegaba antes ó lende da leira; o primeiro que chegara tiña que cantar e o único acompañamento que tiña na man era o sacho e as pedras que había na leira, e de aquí e de onde xorde este instrumento.

CANCIÓN DAS AÑAS
Quen é aquela siñoraa
que vai por aquel carreiroo
é a siñora maríaa
que vai vela do porteloo
ailalalalalalaa
ailalalalalalee

Nós d´acó e vós d´alóo
somos tantos coma vosee
mataremos un carneiroo
i os cornos serán pra vosee
ailala...
ailala...

O noso amiño d´hoxee
dio nolo deixe veviree
que nos deu a liberdadee
para nos adevertiree
ailala...
ailala...


A CANCIÓN DAS CULLERES

Este pandeiro queu toco
non é meu que de Mería
que mo tiña emprestado
para ir á romería.

Este pandeiro queu toco
éche de coiro de ouvella
onte pacía no monte
hoxe toca que rabeia.

Aquelas nenas daquela aldea
unha por unha ningunha fea
e pra millor vos desenjañar
unha por unha vos vou a contar.

Pepa da nena da cara torta
i a generosa do acabouse
Pepa da nena lisa con cousa
Concha larpeira María raposa

Cando te vexo bailar a muiñeira
teque que teque cos brazos en cruz
fas cada punto tan repeniqueiro
índa non vin coma eles ningún

Eres no baile unha bolboretiña
reina das fontes feitiza do ar
eres lixeira como unha anduriña
mesmo da xenio de verte bailar.

Baila que baila con ese jalanse
baila que baila que bailas ben
baila que baila con ese jalanse
faille monadas na punta do pé.

CANTOS DE REISES

Estas cantigas están moi vinculadas ó feito relixioso do nacemento de Xesús. Neste campo non hai demasiada variedade pois só se cantan nunha época específica do ano.

Cuando camina la Virgen
ciélitos para Belenhe
San José lleva consigo
y Jesús de Nazareie.

En el medio del camino
pide el niño de bebere
no tenía agua ni vino
ni cosa que le hacere.

Llegaron a un manzanario
ricas manzanas había
el patrón que las guardaba
era ciego y no vía.

Dame ciego una manzana
para el niño entretenere
entre usted en la huerta Virgen
coja usted cuantas quisiere.

La Virgen cómo es tan buena
no ha cogido sino trese,
dos las dio a su marido
patriarca San Joseie.

Otra se quedó con ella
para el niño entretenere.

Toma ciego este pañuelo
límpielos ojos con ele,
al tiempo que los limpiaba
empezó el ciego a vere.

Vete ciego a tu casa
ver tus hijos y mujere
tus hijos parecen rosas
tu mujer un caravele.

Quien te dio la vista ciego
quien te hizo tanto bienhe
ha sido la Virgen pura
y Jesús de Nazareie.

TRAXES TÍPICOS

TRAXES TÍPICOS

Segundo a zona xeográfica onde nos situemos podemos atopar diferentes traxes típicoscomo o traxe popular de Portugal e de Galicia. Tamén os podemos diferenciar en canto a se é un traxe de cotío ou un traxe de gala. Os traxes agora utilizados para recreaqr os bailes tradicionais ou as coplas que cantaban os nosos ancestros, son a imaxe case perfecta dos que utilizaban os nosos ancestros para saír á rúa a cotío. Por iso atopamos un traxe de faena típico da montaña ou do campo e un traxe de faena típico do mar.
O traxe típico do campo denomínase traxe de cotío e está composto por: roupa interir da época, unha saia para as mulleres e uns pantalóns para os homes, unha camisa branca tanto para a muller como para o home. Os traxes son de cores, texturas e formas variadas pero a continuación explicaremos un deles.
A muller viste de roupa interior uns pololos e unha henagua. É roupa de lenzo branca, ás veces(segundo o poder adquisitivo) adornada con puntillas tamén brancas. Os pololos son uns pantalóns polo xeonllo bastante holgados e a henagua é coma unha saia con moito voo.
Tamén levan unha camisa branca de lenzo sen pescozo e con botóns ata a metade do peito; poden levar puntillas ou non pero as máis típicas do campo non as levaban.
Despois levan unha saia e un corpiño de liño groso. A saia ten uns 5 metros de voo e o corpuiño vai moi entallado ó corpo. Levaría por riba da falda un mandil de liño de cor marfil con entredos.
O calzado componse por uns zocos negros de pel de cordóns. Calzados cunhas medias que chegan ata a metade do muslo e soen ser de cor marrón ou negra e uns calcetíns que chegan case ata o xeonllo dun cor branco sucio. O típico da muller é que leve unha pañoleta anoada á cabeza de cores estampadas.

O home viste unhas polainas ou pantalóns tamén de liño a xogo co chaleco que soen ter cores claros coma o beige ou ben negros. Levan tamén uns zocos de cor marrón de pel con cordóns, cuns calcetíns de la de cor beige tamén. O típico do home é que leve un sombreiro de cor marrón.
A vestimenta de gala é moito máis complexa e conleva moitos máis accesorios. Era a roupa que utilizaba a xente máis pudiente e polo tanto é roupa de maior riqueza e variedade. Sería moi difícil decidirme por un só traxe porque hai infinidade deles, pero comentaremos en principio un dos máis sinxelos.

A muller levaría a roupa interior típica da época, xa comentada, pero con moitos máis adornos. Vestiría unhas medias brancas de encaixe e unha camisa moi adornada a base de encaixes, fruncidos e plisados. Levaría unha saia de paño que pode ser de cores moi variados ou unha de raso de cor negra. Por riba levaría un mantelo que é coma un mandil pero cobre toda a falda non só a dianteira. Sería de paño de cor negra e levaría adornos moi variados como: canutillo, cintas bordadas, guipur… Cantos máis cartos tiveran máis diverso, complexo e fermoso era o mantelo.
Por riba da camisa podían levar infinidade de prendas como: chaquetillas, dengues, mantóns de manila, pañoletas, corpiños, chalecos… En vez de zocos, estas mulleres vestían de zapato negro de tacón ou sen el.

Os homes podían vestir con pantalón de tea longo, de pinzas, zapato negro, camisa branca sinxela, chaleco e boina; ata vestir da forma máis complexa cun zapato negro, perneiras, polainas, chaleco, faixa, sombreiro, pañoleta,…

Nas zonas de mar a roupa é moi parecida á de campo pois o que primaba era ter cartos para poder vestir desa forma. Hai diferencias pero son moi mínimas; por exemplo: as camisas das mulleres ían adornadas con lazos vermellos, e a saia típica era de cor vermello con bandas en negro.
A gran diferencia está á hora de ir ó traballo.

As mulleres levaban unha saia negra de tea con moita caída ou unha saia de paño de cor vermella, cun mandil de cadros negros e brancos, unha camisa branca, unhas pañoletas negras ou de cores anoadas á cabeza e unhas zapatillas negras. Esta indumentaria soía ir acompañada dunha patela de peixe.

Os homes segundo a labor que fosen desempeñar podían ir vestidos cun pantalón azul e unha camisa branca de tea cun cinto de corda e unhas zapatillas negras, ou ben descalzos. Se saían ó mar a pescar soían levar roupa de augas de cor amarela composta cun pantalón, unha chaqueta e un sombreiro.

Como se pode crer hai moita variedade neste campo e é moi difícil concretar e escoller un único traxe.

leer post comunisfera el 21 de febrero

Bienvenido al weblog reyromay

Ya tienes weblog. Para empezar a publicar artículos y administrar tu nueva bitácora busca el enlace administrar abajo en esta misma página.
Deberás introducir tu email y contraseña para poder acceder.

En el menú que aparecerá arriba podrás: ver la página inicial (Inicio); escribir y publicar un artículo nuevo; modificar las preferencias de la bitácora, por ejemplo: los colores; Salir del weblog para desconectar de forma segura y ver la portada tal y como la verían tus visitantes.

Puedes eliminar este artículo (entra en modificar > botón eliminar). ¡Que lo disfrutes!