Blogia
FOLCKLORE GALEGO

AS CANTAREIRAS

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

PRINCIPAIS GRUPOS DO FOLCKLORE GALEGO

PRINCIPAIS GRUPOS DO FOLCKLORE GALEGO Neste artigo falaremos dos principais grupos galegos de onte e de hoxe, ademáis de facer un percorrido pola súa historia.
Empezaremos falando por un rapaz galego que leva por todo o mundo a nosa cultura a través da súa gaita e da súa música. Anque é un artista galego relativamente novo, xa ten consagrados varios discos no mercado; non falamos doutro senón de Carlos NúñezAquí podedes ver a súa traxectoria.
Mercedes Peón sempre estivo integrada e implicada dentro do noso folcklore. Ensaiaba a diversos grupos da xeografía galega e era unha auténtica difusora da nosa cultura. Agora é xa unha artista en solitario que triunfa en diversos lugares do mundo. Aínda que nos últimos anos o seu estilo cambiou bastante segue a promover as nosas tradicións.Aquí móstrase esa transformación e a súa carreira actual
Agora falaremos do grupo de cantareiras máis importante e famoso de toda Galicia, sen dúbida son as mellores: Leilía. Nacen no ano 89 e dende entón non paran de cantar e pregonar as nosas tradicións.Teñen xa tres dicos publicados, o último recentemente saído á venda denomínase Madama, e é unha culminación de varios anos sen publicar nada. Son unha ponte entre o noso pasado e o noso futuro ademáis de estar implicadas nos acontecementos que ocorren na Galiza e que nos acometen a todos, como foi o caso do Prestige.Aquí tedes a súa páxina web, decirvos que é realmente interesante.www.leilia.net
Á hora de falar dos grupos do folcklore galego é difícil porque hai moitos e con moita variedade pero mencionaremos tres en especial: Cantigas e Agarimos, Brincadeira e Xacarandaina.
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres