Blogia
FOLCKLORE GALEGO

XACARANDAINA

XACARANDAINA Formouse en outubro de 1978 na cidade da Coruña con membros de distintas agrupacións. O obxectivo principal e fundamental do Grupo de Bailes e Música Tradicionais Xacarandaina é a investigación do folclore de Galicia, procurando non desvirtuarlo en ningún dos seus detalles. Para isto, o Grupo desprázase polas distintas aldeas e poboacións do país, facendo un importantísimo labor de campo, recuperando así músicas, bailes, danzas, cancións, instrumentos e traxes autóctonos. Froito deste labor o Grupo ten recollidos e montados arredor de 150 bailes e outras tantas pezas de música.

No momento da súa formación o Grupo estaba composto por trinta persoas e dirixíano Rosi Ares e Lino Rivas. Na actualidade o Grupo está composto aproximadamente por uns 70 compoñentes, de idades comprendidas entre 18 e 30 anos, na súa maioria estrudiantes procedentes da escola de Xacarandaina, ben directamente das clases que se imparten na propia Asociación ou ben das clases que imparten os compoñentes do grupo noutros centros, ensinando a bailar a máis de catro mil persoas.



O Director do Grupo de Bailes Tradicionais Xacarandaina é, dende novembro de 1.982, D. Henrique Peón Mosteiro.

# Divídese o Grupo en tres seccións: Grupo de Baile, Gaiteiros e Pandereteiras; sendo, estas últimas, o primeiro grupo destas características creado en Galicia. A meirande parte das súas actuacións teñen sido en festas populares por toda a xeografía galega, contribuindo desde xeito a promocionar o folclore galego no seu lar, sen esquecer as numerosas actuacións en concursos e festivais a nivel nacional e internacional. Preme aqui para ver os COMPOÑENTES do Grupo de Música e Baile Tradicional
Nestes intres, o grupo ten repertorio suficiente como para facer varios espectáculos de tres horas seguidas, con baile e música tradicional de case toda Galicia, e con gran riqueza e diversidade de vestiario. En 1990 gravouse un disco con temas recollidos polo Grupo e colaborouse en dous discos de folclore internacional, grabados en Francia.


Debemos destacar tamén que non só o Grupo de Bailes Tradicionais Xacarandaina destaca nesta faceta, senón que tanto o Grupo de Cantareiras-Pandereteiras coma o Grupo de Gaiteiros levan recollido un bo número de galardóns independentemente do grupo de baile. Non hai que esquecer que en 1.981 Xacarandaina creou o primeiro grupo de pandereteiras do noso país e que neste mesmo ano naceu o Grupo de Gaitas co mesmo fin de colaborar na recuperación do folclore dentro do eido musical. O grupo de pandereteiros naceu no 1999 co fin de cubrir un baleiro musical no grupo, xa que non son poucos os lugares de Galicia onde eran os homes os que interpretaban sós, a capela ou con acompañamento, melodías de traballo, de festa, de cerimonia ou cantos de taberna.

Os tres grupos fan unha dobre laboura: de acompañamento ao Grupo de Baile e de recollida e coidado da nosa música por outra banda. Todos estes músicos funcionan tamén independentemente facendo espectáculos de Música Tradicional por todo o país.

5 comentarios

unha -

noraboa sodes unha asociación moi boa aínda q as hay mellores coma cantigas e agarimos. ademáis os vosos concursos non serven para nada pois os xurados q levads non servn para nada aínda q algúns sean de cntigas por ser d cantigas non teñen q entnder moiti do tma

sara -

TODOS ESTOS GRUPOS ESTAN MOI BEN, PERO CREO QUE ESQUENCES NOMEAR OS CATRO GRUPOS MAIS ANTIGOS DE GALICIA E SEN A EXISTENCIA DELES ESTOS NOVOS NON TERIAN SENTIDO.
TOXOS E FROLES
RUADA
CANTIGAS E AGARIMOS
CANTIGAS DA TERRA

UN SAUDO

Koper -

Hola! siempre da gusto encontrar interesantes web como esta de temas folkloricos, enhorabuena y a seguir trabajando!
saludos desde el Grupo Mazantini de Ciudad Real

Unha mais -

Este Grupo tócame de perto. Quero darlle a miña noraboa pq o traballo que estan a facer non é doado, e menos hoxe en día. Por iso dígovos a todos os que vos gusta este mundo, que non quededes na casa, que participedes, que sodes todos ben recibidos.
O pracer de escoitala nosa música, de bailala... non se pode cambiar por nada.
LUME!

esgarro -

Hola Gore! Congratúlame infinitamente que xa teñas máis variedade na tua blog, porque ademáis penso que o contido, a pesares de vir tarde, e de calidade. sorte e un biquinho