Blogia
FOLCKLORE GALEGO

TRAXES TÍPICOS

TRAXES TÍPICOS Segundo a zona xeográfica onde nos situemos podemos atopar diferentes traxes típicoscomo o traxe popular de Portugal e de Galicia. Tamén os podemos diferenciar en canto a se é un traxe de cotío ou un traxe de gala. Os traxes agora utilizados para recreaqr os bailes tradicionais ou as coplas que cantaban os nosos ancestros, son a imaxe case perfecta dos que utilizaban os nosos ancestros para saír á rúa a cotío. Por iso atopamos un traxe de faena típico da montaña ou do campo e un traxe de faena típico do mar.
O traxe típico do campo denomínase traxe de cotío e está composto por: roupa interir da época, unha saia para as mulleres e uns pantalóns para os homes, unha camisa branca tanto para a muller como para o home. Os traxes son de cores, texturas e formas variadas pero a continuación explicaremos un deles.
A muller viste de roupa interior uns pololos e unha henagua. É roupa de lenzo branca, ás veces(segundo o poder adquisitivo) adornada con puntillas tamén brancas. Os pololos son uns pantalóns polo xeonllo bastante holgados e a henagua é coma unha saia con moito voo.
Tamén levan unha camisa branca de lenzo sen pescozo e con botóns ata a metade do peito; poden levar puntillas ou non pero as máis típicas do campo non as levaban.
Despois levan unha saia e un corpiño de liño groso. A saia ten uns 5 metros de voo e o corpuiño vai moi entallado ó corpo. Levaría por riba da falda un mandil de liño de cor marfil con entredos.
O calzado componse por uns zocos negros de pel de cordóns. Calzados cunhas medias que chegan ata a metade do muslo e soen ser de cor marrón ou negra e uns calcetíns que chegan case ata o xeonllo dun cor branco sucio. O típico da muller é que leve unha pañoleta anoada á cabeza de cores estampadas.

O home viste unhas polainas ou pantalóns tamén de liño a xogo co chaleco que soen ter cores claros coma o beige ou ben negros. Levan tamén uns zocos de cor marrón de pel con cordóns, cuns calcetíns de la de cor beige tamén. O típico do home é que leve un sombreiro de cor marrón.
A vestimenta de gala é moito máis complexa e conleva moitos máis accesorios. Era a roupa que utilizaba a xente máis pudiente e polo tanto é roupa de maior riqueza e variedade. Sería moi difícil decidirme por un só traxe porque hai infinidade deles, pero comentaremos en principio un dos máis sinxelos.

A muller levaría a roupa interior típica da época, xa comentada, pero con moitos máis adornos. Vestiría unhas medias brancas de encaixe e unha camisa moi adornada a base de encaixes, fruncidos e plisados. Levaría unha saia de paño que pode ser de cores moi variados ou unha de raso de cor negra. Por riba levaría un mantelo que é coma un mandil pero cobre toda a falda non só a dianteira. Sería de paño de cor negra e levaría adornos moi variados como: canutillo, cintas bordadas, guipur… Cantos máis cartos tiveran máis diverso, complexo e fermoso era o mantelo.
Por riba da camisa podían levar infinidade de prendas como: chaquetillas, dengues, mantóns de manila, pañoletas, corpiños, chalecos… En vez de zocos, estas mulleres vestían de zapato negro de tacón ou sen el.

Os homes podían vestir con pantalón de tea longo, de pinzas, zapato negro, camisa branca sinxela, chaleco e boina; ata vestir da forma máis complexa cun zapato negro, perneiras, polainas, chaleco, faixa, sombreiro, pañoleta,…

Nas zonas de mar a roupa é moi parecida á de campo pois o que primaba era ter cartos para poder vestir desa forma. Hai diferencias pero son moi mínimas; por exemplo: as camisas das mulleres ían adornadas con lazos vermellos, e a saia típica era de cor vermello con bandas en negro.
A gran diferencia está á hora de ir ó traballo.

As mulleres levaban unha saia negra de tea con moita caída ou unha saia de paño de cor vermella, cun mandil de cadros negros e brancos, unha camisa branca, unhas pañoletas negras ou de cores anoadas á cabeza e unhas zapatillas negras. Esta indumentaria soía ir acompañada dunha patela de peixe.

Os homes segundo a labor que fosen desempeñar podían ir vestidos cun pantalón azul e unha camisa branca de tea cun cinto de corda e unhas zapatillas negras, ou ben descalzos. Se saían ó mar a pescar soían levar roupa de augas de cor amarela composta cun pantalón, unha chaqueta e un sombreiro.

Como se pode crer hai moita variedade neste campo e é moi difícil concretar e escoller un único traxe.

4 comentarios

Anónimo -

http://www.facebook.com/alex.regueiro#!/event.php?eid=108265942536332&ref=mf

rocio rodriguez -

Hola a todos.Estou buscando patronaxes do traxe típico galego da zona da mariña luguesa. Si fose posible decideme onde atopar o traxe de gala e o de faena para facerllo ás miñas fillas, xa que van escomenzar a bailar e teño ganas de facerllelo manualmente. Grazas por adiantado.

Anónimo -

http://agalegainfo.crtvg.es/videos/?emi=6191&corte=2009-02-26&hora=12:50:39&canle=tvg1#

alex regueiro -

www.alexregueiro.com