FOLCKLORE GALEGO

Aquí vades coñecer os verdadeiros raigames da nosa cultura. Falaremos das tradicións culturais máis antigas da música tradicional galega e aprenderedes a recoñecer que o noso folcklore é o mellor do mundo.

 

---

Temas



MERCEDES PEÓN

ajru.jpgMercedes Peón, é hoxe por hoxe unha das artistas de maior proxección dentro do chamado fenómeno de músicas do mundo. unha proba disto son os exitos acadados co seu primeiro traballo discográfico isué , co que se fixo merecedora, entre outras, das seguintes distincións:

· Mellor disco de europa 2000 polas listas folkworld
· Unha das mellores artistas neste apartado pola Bbc
· Top dez en Songline
· Artista revelacion pola TVG

O seu bo facer nos escenarios quedou patente en festivais de todo o mundo; festivais da talla do Dranouter E Sfink En Bélxica, Lorient E Les Suds En Francia, Sete Sois E Sete Luas E Intercéltico De Oporto En Portugal, Groban En Eslovenia, Celtic, La Mar De Músicas, Etc. todos eles loaron enormemente a Mercedes Peón pola súa entrega ó publico e polo seu impactante directo, pleno de forza e enerxía, e de feito, mesmo foi invitada repetidas veces nalgúns destes eventos.
Agora Mercedes Peon preséntanos o seu novo traballo discográfico, Ajrú , título que dá sentido ó berro de ledicia de festa que as xentes de Galicia expresan nos seus momentos de maior intensidade .

Ajrú é un espectáculo pleno de dinamismo, de ritmos frenéticos mesturados con melodías verdadeiramente intimistas, de cantidade de instrumentos que fusionan os seus timbres mantendo por mastro o máis tradicional que vaga nos sons máis vangardistas. e todo isto, levado por unha voz que representa a verdadeira forza do noso son, a de Mercedes Peón.
Ajrú é un gran espectáculo que chega a todos os públicos como o amosan os teatros cheos e un público entregado dende o primeiro momento, bailando e coreando as melodías. sen d úbida dará que falar.
30/05/2005 21:32

Comentarios » Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario




No será mostrado.






Enlaces

PRINCIPAIS GRUPOS DO FOLCKLORE GALEGO

ACTUALIDADE DO FOLCKLORE GALEGO

Otros

Archivos


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras; Emprendedor ven a Iniciador Aragón.