FOLCKLORE GALEGO

Aquí vades coñecer os verdadeiros raigames da nosa cultura. Falaremos das tradicións culturais máis antigas da música tradicional galega e aprenderedes a recoñecer que o noso folcklore é o mellor do mundo.

 

---

Temas



PRINCIPAIS GRUPOS DO FOLCKLORE GALEGO

carlos.jpgNeste artigo falaremos dos principais grupos galegos de onte e de hoxe, ademáis de facer un percorrido pola súa historia.
Empezaremos falando por un rapaz galego que leva por todo o mundo a nosa cultura a través da súa gaita e da súa música. Anque é un artista galego relativamente novo, xa ten consagrados varios discos no mercado; non falamos doutro senón de Carlos NúñezAquí podedes ver a súa traxectoria.
Mercedes Peón sempre estivo integrada e implicada dentro do noso folcklore. Ensaiaba a diversos grupos da xeografía galega e era unha auténtica difusora da nosa cultura. Agora é xa unha artista en solitario que triunfa en diversos lugares do mundo. Aínda que nos últimos anos o seu estilo cambiou bastante segue a promover as nosas tradicións.Aquí móstrase esa transformación e a súa carreira actual
Agora falaremos do grupo de cantareiras máis importante e famoso de toda Galicia, sen dúbida son as mellores: Leilía. Nacen no ano 89 e dende entón non paran de cantar e pregonar as nosas tradicións.Teñen xa tres dicos publicados, o último recentemente saído á venda denomínase Madama, e é unha culminación de varios anos sen publicar nada. Son unha ponte entre o noso pasado e o noso futuro ademáis de estar implicadas nos acontecementos que ocorren na Galiza e que nos acometen a todos, como foi o caso do Prestige.Aquí tedes a súa páxina web, decirvos que é realmente interesante.www.leilia.net
Á hora de falar dos grupos do folcklore galego é difícil porque hai moitos e con moita variedade pero mencionaremos tres en especial: Cantigas e Agarimos, Brincadeira e Xacarandaina.
23/05/2005 21:29

Comentarios » Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario




No será mostrado.






Enlaces

PRINCIPAIS GRUPOS DO FOLCKLORE GALEGO

ACTUALIDADE DO FOLCKLORE GALEGO

Otros

Archivos


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras; Emprendedor ven a Iniciador Aragón.